21 de xuño de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE DODRO

 


Home / / / SAÚDO DO CANDIDATO

SAÚDO DO CANDIDATO

Como xa sabes, o 27 de Maio vanse celebrar as eleccións municipais 2007 e ti tés a oportunidade de decidir, co teu voto, o futuro do noso concello para os vindeiros catro anos.

Somos conscientes de que o Goberno deste Concello recaerá baixo a responsabilidade do equipo que presenta o PSdeG-PSOE en Dodro. As causas deste optimismo electoral débense ao triunfo previo ás eleccións coa retirada de D. Fernando Vila Brión, alcalde dende fai 28 anos. O constante desacordo da oposición e a presión cidadán, encabezada principalmente polos membros que configuran esta Candidatura e que constitúen case que a totalidade do asociacionismo Dodrés, van facer posible este cambio tan esperado.

Por iso, a candidatura do PSdeG-PSOE, que teño a honra de encabezar, quere impulsar unha nova etapa en Dodro. Unha etapa de transparencia e participación, onde os verdadeiros protagonistas das políticas municipais sexan os veciños e veciñas coma ti, donde a lóxica impere e o SI a todo non quede traducido en nada. Precisamos un goberno novo, con novas políticas e un sinceiro talante democrático e progresista.

Somos coñecedores da importancia que teñen estas eleccións para o futuro de Dodro, e por iso os socialistas elaboramos un ambicioso programa electoral que queremos que sexa o noso compromiso contigo, e presentamos unha candidatura integrada por persoas coa ilusión e a preparación necesarias para levar a cabo os proxectos que fagan posible o desenvolvemento do noso entorno.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE DODRO
E-mail: dodro@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera